Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » O demo no corpo
Difundir o artigo en Cabozo

O demo no corpo


O demo no corpo
Autor
Raymond Radiguet
Empresa
Categoría/s:
Referencia
978-84-945411-2-4
ISBN
978-84-945411-2-4
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
13,00 €
Valoración
0 puntos

Tradución de Samuel Solleiro. Ilustración de cuberta: Carlos Valdés

En plena Primeira Guerra mundial, Marthe, de 18 anos e prometida cun soldado desprazado á fronte, mantén unha relación clandestina co narrador, un rapaz de 15 anos, novo de máis para ser chamado a filas.

Publicada apenas cinco anos despois de rematada a guerra, O demo no corpo supuxo todo un escándalo na Francia da época, pois poñía en cuestión o respecto debido aos soldados e retrataba o período bélico como unha época dourada para os seus protagonistas. Porén, o ton cínico e o maxistral estilo empregados por Radiguet fixeron desta novela sobre a adolescencia, a traizón e o adulterio un éxito tanto entre a crítica como entre o público.

Raymond Radiguet

Nado en  1903 e finado en 1923, Radiguet tivo porén tempo, na súa breve vida, de escribir dúas novelas que coñecerían o éxito literario e comercial: O demo no corpo (1923) e Le Bal du comte d’Orgel (1924). Este mozo de precoz talento decide abandonar os estudos aos 15 anos para dedicarse ao xornalismo. Traba entón amizade con personaxes como Picasso, Juan Gris ou Modigliani, pero é a súa relación con Jean Cocteau a que máis influirá  na súa vida e, en certo modo, tamén na súa morte.

- 172 páxs. 
- 128 x 198 mm 
- Encadernación rústica.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou en liña aquí.