Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Carlos Casares. Vida e literatura
Difundir o artigo en Cabozo

Carlos Casares. Vida e literatura


Carlos Casares. Vida e literatura
Autor
Damián Villalaín
Ano
2017
Referencia
978-84-9121-189-1
ISBN
978-84-9121-189-1
Idade
De 11 a 15 anos
PVP rec.
12,50 €
Valoración
0 puntos

Carlos Casares naceu en Ourense en 1941. Non tivo unha vida moi longa, pois morreu en Vigo cando tiña só sesenta anos, pero durante ese tempo fixo moitas cousas. Foi profesor de ensino secundario, director da editorial Galaxia e deputado no Parlamento de Galicia. Mais a principal de todas as súas actividades foi a de ser escritor.

Escribiu seis novelas, dous libros de relatos, varias biografías de persoas importantes na historia e literatura galegas e bastantes contos para nenos e nenas, entre os cales o máis famoso é A galiña azul. Tamén escribiu unha obra de teatro, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, e miles de artigos para xornais e revistas. Home de memoria prodixiosa, cando se falaba con el, era moi normal que contase fermosas historias e anécdotas da súa nenez, que lembraba con moito humor e detalle.

Damián Villalaín, amigo e colaborador de Carlos Casares, realiza neste libro un emocionante retrato de proximidade do escritor e editor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017.

  • Papel
  • 13,50 x 19,00 cm
  • Rústica cosido a fío
  • 104 Páxinas



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías. Máis información aquí.