Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Sete dezasete
Difundir o artigo en Cabozo

Sete dezasete


Sete dezasete
Autor
O Sonoro Maxín
Empresa
Ano
2017
Referencia
setedezasete
Idade
De 14 a +18 anos
PVP rec.
11,95 €
Valoración
0 puntos

O Sonoro Maxín xuntouse por primeira vez na primavera de 2007. Hai xa dez anos. Naquel tempo, sen ter nin idea de quen eramos, comezamos asubiar as cancións que máis tarde iamos descubrir, os nosos pés botáronse a bailar uns ritmos que non coñecían, nos nosos soños apareceron xentes que nunca antes viramos. Hoxe, en abril de 2017, presentamos unha chea de cancións que falan dun lugar da nosa vida que leva o teu nome, baila coma ti e canta coma ti cantas.

O 7 e o 17 son dous números importantes para nós. Tamén son dous números primos. Os números primos distribúense, entre o grupo de números naturais, dun xeito que non somos capaces de percibir. Son cifras singulares que non se deixan dividir por calquera.

O 7 e o 17 son os días de feira en Ourense. Ao redor da praza de Abastos, agrúpanse, nunha distribución que semella aleatoria, o rianxo, postos de roupa, música, ferramentas, libros, calzado, remedios naturais, queixos, complementos… Todo o que che cómpre!

As músicas de Sete dezasete nacen deste caos organizado, desta feira cambiante que non somos quen de ordenar completamente.

Cada día na nosa cabeza,
nos nosos pés,
no noso corazón,
na nosa vida
imaxinamos o xeito de darlle forma a tremendo desorde.

A banda

O Sonoro Maxín é unha banda xurdida en Ourense no verán de 2007 na xuntanza de músicos dos grupos Lamatumbá e Cinnamon Gum. Estréanse en Ourense, a súa cidade natal, o 30 de decembro e percorren durante o 2008, 2009 e 2010 toda a xeografía galega con máis de 150 concertos nos que puideron compartir escenario con grupos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestar, Tonino Carotone, Los Delinqüentes, La Troba Kung-Fú ou Che Sudaka. Despiden o 2010 cunha xira por Portugal que os levou desde a setentrional Chaves ata a meridional Tavira pasando por Amarante ou Péso da Regua.

No 2011 dedícanse completamente á preparación e gravación do seu primeiro disco A onda sonora (chega do interior), nos Garate Studios (Euzkadi), contando coa produción de Kaki Arkarazo e o deseño de David Rubín. O disco sae á luz en abril de 2012. Froito da presentación do álbum, en 2013 realizan unha xira polo norte de Alemaña, chegando a tocar en Hamburgo e Kiel, onde compartiron escenario co músico francés Syrano. No 2014 son o grupo galego convidado ao Mercat de Música Viva de Vic (Cataluña).

A finais de 2016 comezan a gravar o seu novo álbum de estudio Sete e dezasete, producido polo músico e produtor catalán Marià Roch.

O Sonoro Maxín é o único grupo galego que centra o seu repertorio nos ritmos latinos de verbena, acuñando e empregando nos seus concertos o termo “Galicia Tropical”.
Os membros da formación son:

Abraham “el niño”
: guitarras
Cristina Asenjo: acordeón
Ico: voces e acordeón diatónico
Jaime Mateo: batería
Xurxo Brea: baixo e contrabaixo

Vídeo de "Así se constrúen unha bomba"



Onde conseguir esta proposta

Á venda en:

VIGO: Inquedanzas Sonoras, Discos Elepe, Librería Andel, Librería Cartabón
PONTEVEDRA: Vazquez Lescaílle, Librería Paz
REDONDELA: Consorcio Editorial
A CORUÑA: Librería Sisargas, Livraría Suevia
LUGO: Don Disco, Cede
SANTIAGO: De Cotío, Merlín e Familia, Trisquel Artesanía, Bulideira, O pazo das Musas, Libraría Pedreira, Discos Fans
ALLARIZ: Aira das Letras, A tulla
FOZ: Bahía cultura e ocio
CANGAS: Librería o Pontillón, Vilafer
VILAGARCIA DE AROUSA: Carriola
MELIDE: Muxica
OURENSE: Peggy Records

Máis información no web do grupo.



Galería