Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Inventario ilustrado de flores
Difundir o artigo en Cabozo

Inventario ilustrado de flores


Inventario ilustrado de flores
Autor
Virginie Aladjidi e Emmanuelle Tchoukriel
Empresa
Ano
2017
Referencia
978-84-16721-0
ISBN
978-84-16721-0
Idade
De 6 a +18 anos
PVP rec.
17,00 €
Valoración
0 puntos

Tradución de Fernando Moreiras

As páxinas do Inventario ilustrado de flores son un festival de colorido -e de aromas suxeridos- que, a través de 62 tipos de flores, nos leva de viaxe por todo o mundo: dende as rexións de África do Sur de onde vén a ave do paraíso, ata a illa indonesia de Sumatra de onde é orixinario o efémero aro xigante,pasandopolas pradarías próximas onde medran as margaridas.

Silvestres e cultivadas, e cunha orixinal clasificación por colores para facilitar a súa localización,cada lámina presenta unha ou dúas especies de flores identificadas polo seu nome común e científico, altura e época de floración, xunto cunha breve descrición con aspectos como a súa procedencia, aplicacións medicinais e mesmo culinarias, curiosidades ou alertas sobre o seu nivel de conservación. Antes de entrar en materia, Virginie Aladjidi presenta nunha introdución as partes da flor, o seu proceso reprodutivo a través da polinización e os modos de crecemento.

Como todos os títulos da colección, as ilustracións de Emmanuelle Tchoukriel destacan pola súa precisión e realismo, trazando os perfís con rotulador e tinta chinesa, e completándoas con acuarela, ao xeito dos antigos cadernos de campo. Xunto coas flores figuran tamén detalles ampliados de raíces, pétalos ou sementes, ademais de pequenas figuras doutros veciños, como insectos, anfibios, aves ou herbívoros.

Encadernado en cartoné.
21,5 x 30 cm.
72 páx.

Na mesma colección tamén:



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e no web de Kalandraka.



Galería