Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Cantares
Difundir o artigo en Cabozo

Cantares


Cantares
Autor
Eladio y los Seres Queridos
Empresa
Ano
2016
Referencia
Cantares
Idade
De 10 a +18 anos
PVP rec.
6,00 €
Valoración
0 puntos

Tras dous anos da publicación do seu anterior traballo, Orden Invisible (Esmerarte 2014), Eladio y los Seres Queridos presentan CANTARES, un disco que fai unha homenaxe ás cancións tradicionais de Galicia que escoitaban os seus pais e eles mesmos de pequenos.  

A relación da banda co cancioneiro tradicional galego xa vén de lonxe, xa que o ano pasado presentaron unha versión de Agardarei (L.E. Batallán – C. E. Ferreiro) a modo de bonus track de Orden Invisible, foron elexidos por Estrella Galicia para interpretar o himno galego na presentación dos deseños conmemorativos do Día das Letras Galegas e ao longo da xira Orden Invisible foron incluíndo temas tradicionais no setlist e facían chiscadelas a outras destas cancións dentro das súas propias. Isto provocou que a banda decidise facer unha selección dentro do extenso cancioneiro galego e pouco a pouco ir gravándoas ao longo do ano 2016, o que deu como resultado este novo disco.  

Así explican eles mesmos como naceu a idea deste traballo:  

“Isto é algo que tiñamos que facer, unha débeda coas cancións da nosa infancia, un agarimo para os nosos pais pero tamén para os nosos fillos… para que non as esquezan. Tamén é un disco para que os non galegos descubran parte do noso cancioneiro. Sen présas, orzamentos nin obxectivos gravamos este traballo ao longo do 2016 ás veces coa gravadora portátil ou o que tiñamos á man pero principalmente no noso estudio caseiro. Foi un pracer facelo así e pensamos que este gozo quedou gravado tamén”.

Cantares inclúe:  

  • FONTE DO ARAÑO (EMILIO CAO)
  • MARÍN POR TI (EU DE MARÍN AUSENTEIME)
  • FLOR DA MURTA (CON DONICELAS)
  • A BRUXA (A. SEOANE – MILLADOIRO)
  • CANTIGA DE AMIGO (JOHAN DE REQUEIXO – FUXAN OS VENTOS)
  • MEU AMOR É MARIÑEIRO (FUXAN OS VENTOS)
  • CAMARIÑAS (A. SEOANE)
  • HAVEMOS DE IR A VIANA (HOMEN DE MELLO – OULMAN)
  • QUEN POIDERA NAMORALA (L. E. BATALLÁN – CUNQUEIRO)
  • TEÑO SAUDADE (ANDRÉS DO BARRO)
  • O MEU PAÍS (MIRO CASABELLA)
  • AGARDAREI (L.E. BATALLÁN - C.E. FERREIRO) [incluída na reedición do disco en xaneiro de 2017]

Cantares foi recoñecido como mellor álbum en galego no Premios MIN da Música Independente 2017

Vídeo de Fonte do Araño



Onde conseguir esta proposta

CANTARES é unha edición que só estará dispoñible a través da tenda do web da banda e no seus directos. Tras esgotarse a primeira edición, de decembro de 2016, está dispoñible unha nova de xaneiro de 2017.