Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Río Bravo
Difundir o artigo en Cabozo

Río Bravo


Río Bravo
Etiquetas
Autor
Chévere
Empresa
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-8464-32
ISBN
978-84-8464-32
Idade
De 14 a +18 anos
PVP rec.
12,00 €
Valoración
0 puntos

Río Bravo é a porta para entrar no teatro musical de Chévere, unha porta que xa non se daría pechado, porque unha das constantes do traballo da compañía é a presenza da música, preferentemente ao vivo. Unha música que xorde de xeito natural, coa suficiente espontaneidade como para non ter que imitar ningún modelo previo de teatro musical e fundar un xeito propio e inesperado de integrar a música en escena”.
[Fragmento da introdución de Xesús Ron: “Xum... Flaca! Flaca!”]

Nun lugar do (nor)Oeste, á saída dalgunha revolta, atópase “Río Bravo”, onde os homes son homes e as mulleres tamén. Este musical trepidante esgota os estereotipos do «western» e ri de todos eles. A súa banda sonora consta de cancións breves dos máis variados estilos e compleméntase cun amplo dispositivo de sons incidentais e onomatopeas, configurando unha atmosfera propicia para ensanchar o imaxinario colectivo dun xénero tan icónico como os filmes de vaqueiros.

Ambiente de salón e cadea, golpes e caídas, un elenco onde non faltan os tipos duros, a muller de mala vida, os indios, un xuíz, o telegrafista... Estreada en Santiago en 1990, “Río Bravo” é unha das obras máis representadas do teatro galego e un referente para varias xeracións de espectadores e espectadoras. Pero sobre todo é un claro exemplo de que o teatro de Chévere “está feito para ser escoitado e visto ao vivo”, explica a compañía. A presente edición, que marca o inicio da Biblioteca de Teatro de KALANDRAKA, baséase na versión da propia compañía feita no ano 2002.

Colección: Biblioteca de Teatro núm. 1

Encadernación rústica con lapelas.
16 x 22,5 cm
96 páx.




Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e na tenda en liña da editorial.