Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Annus Horríbilis e outros musicais
Difundir o artigo en Cabozo

Annus Horríbilis e outros musicais


Annus Horríbilis e outros musicais
Etiquetas
Autor
Chévere
Empresa
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-8464-321-0
ISBN
978-84-8464-321-0
Idade
De 14 a +18 anos
PVP rec.
13,00 €
Valoración
0 puntos

Annus Horríbilis é en realidade unha elaborada manobra para desviar a atención e non descubrir a priori a auténtica natureza da obra: unha subversiva e inclasificable ensamblaxe escénica que distorsiona o xénero musical e desestabiliza para sempre a nosa mirada sobre a ópera”.
[Fragmento da introdución de Xesús Ron: “Máis alá do musical”]

Annus Horríbilis, que se estreou en 1994, é unha pequena ópera portátil integramente cantada en galego. Unha picadora escénica que esmiúza os estereotipos do xénero lírico e reinventa unha fórmula de teatro musical dificilmente clasificable. As tribulacións da familia real británica son trasladadas a Galicia para escenificar intrigas cortesás, romances ilexítimos e loitas entre dúas liñas dinásticas enfrontadas: os Tamara vs. os Cunters.

Dende o bel canto ou swing, ata a zarzuela ou o music-hall, pasando polo xénero da revista e o jazz, o romanticismo e o heavy metal, este espectáculo fai un amplo e variado percorrido polos estilos musicais máis populares dos últimos séculos.

Canda o libreto de Annus Horríbilis, este volume inclúe textos de Ultranoite no país dos ananos (2014) e escolmas das cancións de Big Bang (1992, obra que inaugurou a Sala NASA), Órbita mutante (1997), Ana Pudor (1999, 2002) e O electricista da catedral (2012, 2013). O elenco e os aspectos técnicos dos espectáculos -música, son, iluminación, vestiario, dramaturxia, dirección- quedan tamén plasmados, xunto con material gráfico complementario, como entradas, carteis e fotografías.

Colección: Biblioteca de Tetro núm. 2

Encadernación rústica con lapelas.
16 x 22,5 cm
160 páx.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e na tenda en liña da editorial.