Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Pippi Mediaslongas
Difundir o artigo en Cabozo

Pippi Mediaslongas


Pippi Mediaslongas
Autor
Astrid Lindgren
Empresa
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978 - 84 - 8464 - 33
ISBN
978 - 84 - 8464 - 33
Idade
De 6 a +18 anos
PVP rec.
15,00 €
Valoración
0 puntos

Tradutor: David A. Álvarez

Nenas e nenos de todo o mundo temos pasado horas inesquecibles de lectura ao abeiro das aventuras e das extravagancias de Pippi Mediaslongas, do seu mono señor Nilsson e do seu cabalo. Diversión, tenrura e humor, optimismo e ledicia son ingredientes deste clásico universal e imprescindible; dun personaxe literario convertido nunha icona contemporánea que inspirou unha serie na televisión sueca en 1969 e varias películas protagonizadas tanto por actores como por debuxos animados. Esta edición en galego conta coas ilustracións orixinais e restauradas de Ingrid Vang Nyman.

Nas aforas dunha vila pequena había un eido abandonado. No eido había unha casa vella e na casa vivía Pippi Mediaslongas. Tiña nove anos e vivía completamente soa, sen pai nin nai. Iso era unha vantaxe, pois non había ninguén que a mandase para a cama xusto cando máis estaba a divertirse, e ninguén que a obrigase a tomar aceite de fígado de bacallau cando prefería comer lambetadas...

Encadernado en cartoné, 16 x 23,5 cm, 128 páx.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e no web da editorial Kalandraka.