Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » O xardín das cores
Difundir o artigo en Cabozo

O xardín das cores


O xardín das cores
Empresa
Categoría/s:
Referencia
xardíndascores
Idade
De 3 a 5 anos
PVP rec.
26,00 €
Valoración
0 puntos

Obxectivos educativos:

  • Mellora da psicomotricidade fina
  • Iniciación ós xogos de mesa (regras comúns, respecto das quendas, asociación dado-acción)
  • Aprendizaxe das cores e de vocabulario

Número de xogadores: de 2 a 4
Idade orientativa: 3 anos en diante

Contido:
  • 4 caras
  • 20 pétalos de cinco cores diferentes (4 de cada cor)
  • 1 dado de cores
  • Caixa de madeira e instrucións

Desenvolvemento do xogo:
A primavera vaise achegando e as fadas das flores traballan arreo para telo todo preparado cando comece a estación. Pero son moitas as flores do campo e pedíronnos axuda nesta fermosa tarefa.
Para iso, cada xogador terá que completar a súa flor colocando os pétalos da cor que indique o dado, tendo en conta que non poderá haber cores repetidas nunha mesma flor.



Onde conseguir esta proposta

Podes encargar este xogo a través de Brazolinda, no enderezo electrónico brazolinda@brazolinda.com, no teléfono 647853361 ou acudindo a algunha das feiras en que participa.