Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » O espello
Difundir o artigo en Cabozo

O espello


O espello
Empresa
Categoría/s:
Referencia
Oespello
Idade
De 5 a 10 anos
PVP rec.
35,00 €
Valoración
0 puntos

Obxectivos educativos:

  • Traballa a expresión oral e artística
  • Mellora a capacidade de comunicación e observación
  • Potencia a imaxinación
  • Xogo colectivo no que todos xogan xuntos
Número de xogadores: 2
Idade orientativa: 5 anos en diante

Contido:
  • 54 cartas (24 cartas “accións” e 30 cartas “temas”)
  • Separador composto por dúas parellas de cobras e unha tea
  • 2 lapis
  • 2 tacos de papel A5
  • Caixa de madeira e instrucións
Desenvolvemento do xogo:
Era un día de néboa mesta, desa que case non deixa ver o noso propio corpo, cando uns nenos que camiñaban por unha fraga atoparon algo moi brillante. Ó achegarse, viron que unha ducia de cobras protexía o que parecía ser un espello. Pensaron que se estaba tan ben protexido debía ser moi valioso e, con moito coidado, lograron collelo. O que pasou despois évos unha longa historia que vós mesmos ides poder experimentar...
Neste xogo, os participantes aprenderán a comunicar o que teñen en mente, a fixarse na importancia dos detalles e adquirirán novo vocabulario; e todo isto mentres debuxan.
O xogo consiste en ir facendo unha serie de debuxos seguindo as indicacións que, por quendas, eles mesmos irán dando. Teñen que debuxar o mesmo pero sen ver o papel do outro. Cantos máis detalles dean mellor poderán recoñecer os debuxos ó final do xogo, cando comparen os papeis.



Onde conseguir esta proposta

Podes encargar este xoguete a través de Brazolinda, no enderezo electrónico brazolinda@brazolinda.com, no teléfono 647853361 ou acudindo a algunha das feiras en que participa.