Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » O agasallo
Difundir o artigo en Cabozo

O agasallo


O agasallo
Empresa
Categoría/s:
Referencia
Oagasallo
Idade
De 3 a 12 anos
PVP rec.
24,00 €
Valoración
0 puntos

Obxectivos educativos:

  • Traballa a agudeza e a axilidade visual
  • Favorece a concentración
  • Xogo colectivo
Número de xogadores: non determinado, o desenvolvemento do xogo non limita o número de xogadores xa que pode
modificarse o obxectivo final (o número de agasallos que cómpre atopar para gañar)
Idade orientativa: 3 anos en diante
Contido:
  • 41 pezas de madeira
  • 3 dados de cores
  • Caixa de madeira e instrucións
Desenvolvemento do xogo:
Chegou o grande día! Levamos moito tempo preparando unha festa das que non se esquecen na vida, pero temos un pequeno problema. Preparamos agasallos para todos e esqueceunos poñerlles o nome e non sabemos cal é para cada quen.
Para localizar os agasallos teredes que buscar a peza que teña as cores que indiquen os dados. Só hai un agasallo por cada combinación dos dados e por iso cómpre ser moi rápido. Quen consiga 5 agasallos gañará a partida.



Onde conseguir esta proposta

Podes encargar este xoguete a través de Brazolinda, no enderezo electrónico brazolinda@brazolinda.com, no teléfono 647853361 ou acudindo a algunha das feiras en que participa.



Galería