Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Biodiversidade, cara a unha sexta extinción masiva
Difundir o artigo en Cabozo

Biodiversidade, cara a unha sexta extinción masiva


Biodiversidade, cara a unha sexta extinción masiva
Autor
Raphaël Billé, Philippe Cury, Michel Loreau, Virginie Maris
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-945917-2-3
ISBN
978-84-945917-2-3
Idade
+18 anos
PVP rec.
18,50 €
Valoración
0 puntos

Tradución de Miguel Braña Montaña

Prólogo de Xosé Veiras

O coordinador da obra, Sylvestre Huet, reúne a catro científicos de distintas especialidades. Todos eles ofrecen e contrastan as súas distintas perspectivas dun mesmo tema: a biodiversidade e a deriva cara a unha sexta extinción en masa. Un ecólogo, un biólogo mariño, un especialista en xestión e economía do medio e unha filósofa do medio convídannos á súa mesa. A partir dos seus coñecementos, dos seus temores mais tamén das súas esperanzas, achégannos unha visión científica e cidadá sobre a sexta extinción masiva, a primeira do Antropoceno.
O libro divídese claramente en dúas partes: o debate científico e o debate social. Isto fai que resulte máis interesante e que precisamente vaia máis aló da ecoloxía puramente. Tamén reflexiona sobre as consecuencias económicas e sociais. Nunha indiferenza case xeral, o noso planeta entra nunha fase de extinción masiva provocada polo ser humano. A sexta desde que a vida se diversificou na Terra hai 500 millóns de anos. A sobreexplotación dos recursos, o consumo excesivo, a oferta excesiva, as sobrecapacidades tecnolóxicas, o cambio climático, a deforestación, etc., os seres humanos entréganse a unha destrución masiva dos ecosistemas a escala planetaria. E o noso modo de desenvolvemento condena probablemente unha especie cada vinte minutos. Cales son os mecanismos e as causas principais da extinción das especies? Que podemos esperar das axendas políticas? Cómpre promover unha ecoloxía de combate ou unha ecoloxía da reconciliación que volva colocar o ser humano na natureza? Como evitar ou limitar esta sexta extinción?



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e na tenda en liña da editorial.