Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Fainos saír
Difundir o artigo en Cabozo

Fainos saír


Fainos saír de Atrás Tigre
Etiquetas
Autor
Atrás Tigre
Empresa
Ano
2017
Referencia
Fainossaír
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
12,00 €
Valoración
0 puntos

Atrás Tigre está formado por Pedro Solla, Olalla Cociña, Xiana Arias e Antón Blanco.

"Unha proposta musical ecléctica na que non se parte dunha necesidade de xustificar a música coas letras, co discurso, coa teoría. Senón que se adapta a palabra a partir da emoción producida pola música. Do que xorde de xeito espontáneo. Sen ter que pasar por determinados estilos ou temáticas segundo o cliché arredor do que a "música galega" debe ser." (Montse Dopico nunha entrevista á banda en Praza Pública).

Interpretan este disco Pedro Solla (guitarras, xilófono, claves, voz), Olalla Cociña (teclados, voz), Xiana Arias (baixo, voz), Lois G. Carlín (batería), Ibán Pérez (trompeta) e José Ramón Rocha (cello).

Temas:

  1. Tempo mecánica
  2. Xente que mira
  3. Fainos saír
  4. Aguieira
  5. Agosto
  6. Tristeza soberana I
  7. Tristeza soberana II
  8. A chegada dos cans
  9. Habitante
  10. Este é o rostro
As músicas e as letras deste álbum foron compostas por Atrás Tigre. "A chegada dos cans" é a adaptación dun poema de Estevo Creus e "Tristeza soberana II" reconstrúe un poema de Aníbal Núñez. En "Este é o rostro" transitan versos de Olvido García Valdés e de Gonzalo Hermo.

Editado por Triunvirato. Gravado e mesturado no inverno de 2017 por Ibán Pérez no Estudio Terraforma do Hío (Pontevedra). Masterizado por Martín Ballesta en Last Punch Mastering (Glasgow).

Vídeo de "fainos saír"

Vídeo de "Agosto"



Onde conseguir esta proposta

Á venda en liña aquí (dixital e vinilo). Tamén dispoñible en vinilo en Numax e A Reixa tenda (Santiago de Compostela), en Elepé (Vigo) e en Discos Portobello (A Coruña).



Galería