Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Axenda 2018
Difundir o artigo en Cabozo

Axenda 2018


Axenda 2018. Mapa das estrelas, planetas e demais corpos celestes que nos han guiar ao longo do ano 2018
Etiquetas
Empresa
Categoría/s:
Referencia
Axenda2018
Idade
De 15 a +18 anos
PVP rec.
17,50 €
Valoración
5 puntos

POR UN 2018 ESTELAR

Un ano máis, as Irmás Cartoné queren acompañarnos no noso día a día, iluminando cun chisquiño de literatura os nosos labores cotiáns e, desta volta, dun xeito estelar. E é que nesta ocasión decidiron abordar o ano desde o alto, achegándose aos astros. E para que non fose só o contido o que brillase, senón tamén o continente, introduciron varias melloras que, sen dúbida, farán que esta axenda sexa realmente estelar: por un lado a impresión offset, que fai que as máis de cincuenta ilustracións que acompañan os textos gañen en calidade e profundidade e, por outro, a encadernación cosida, que mellora notablemente o uso da axenda, permitindo que se abra con maior facilidade e resista mellor o paso do tempo.




Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e no web da editorial.