Pitusa Semifusa e os estilos musicais
Autor
Olga Brañas
Empresa
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-9151-066-6
ISBN
978-84-9151-066-6
Idade
De 1 a 10 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
0 puntos
Ven coñecer o blues, o reggae, o funky, o swing, o hip hop… e non pararás de cantar e de bailar! A vida está chea de cores e de sabores diferentes, tamén de estilos musicais. Ilustracións de Leandro Lamas.
Detalles do libro-disco
- Páxinas: 24
- Deseño: Cartoné
- Dimensións: 240 x 210
Olga Brañas
Olga Brañas é Licenciada en Historia da Arte e ten o Grao Profesional en Piano. Estudou ademais harmonía e percusión. É de Ourense e vive en Santiago de Compostela. Dende moi nova destacou como pianista e pandereteira. Membro de Brañas Folk dende hai máis dunha década, onde deu mostras da súa habilidade xa non só como instrumentista senón tamén como compositora. Foi membro fundador de Folk Focus e da desaparecida Banda Tradicional de Gaitas Ourensá. Sempre di que leva compoñendo dende que ten uso de razón. No mundo da música, a súa traxectoria e inquedanzas levouna a colaborar cos músicos como Uxía, Sérgio Tannus ou Víctor Coyote… ‘Pitusa Semifusa’ é a súa primeira incursión na música infantil.