Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Radio Bulebule
Difundir o artigo en Cabozo

Radio Bulebule


Radio Bulebule
Etiquetas
Autor
Paco Nogueiras
Empresa
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-8464-308-1
ISBN
978-84-8464-308-1
Idade
De 3 a 10 anos
PVP rec.
23,00 €
Valoración
0 puntos

Libro-CD-DVD

Radio Bulebule” é o novo traballo de Paco Nogueiras logo de Brinca vai! (III Premio Martín Códax da Música na categoría Infantil) que, trala súa publicación como libro-cd-dvd deu lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas de toda Galicia. O medio radiofónico inspira as 12 cancións deste novo libro-disco en que volven participar o ilustrador David Pintor e José Miguel Sagüillo dirixindo os videoclips que, como novidade, forman unha curtametraxe.

Os temas dispóñense ao xeito da grella de programación dunha peculiar emisora na que non faltan sintonía de entrada, axenda cultural, magazine de variedades -tendencias, ciencia, natureza...-, música, faladoiro, noticias, información deportiva e ata previsión meteorolóxica. Inspirado nas ondas herztianas, entre as cancións tamén están presentes as transicións, os indicativos, os sinais horarios e outros elementos sonoros propios deste versátil medio xornalístico.

Limiar de Xurxo Souto
Epílogo de Ponte... nas ondas!
Colaboracións dos xornalistas Ana Romaní, Xabier Fortes, Xosé Manuel Pereiro, María Xosé Rodríguez, Susana Pedreira, Tino Santiago, Fernanda Tabarés, Ainhoa Apesteghi, Pablo Lago, Henrique Sanfiz, María Solar e Emilio Españadero.

Encadernado en cartoné. 16x16 cm. 48 páx.

Vídeo de promoción

Vídeo da canción "Bulebule"