Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Casandra
Difundir o artigo en Cabozo

Casandra


Casandra de MJ Pérez
Etiquetas
Autor
MJ Pérez
Empresa
Ano
2017
Referencia
Casandra
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
10,00 €
Valoración
0 puntos

Este álbum que marca un antes e un despois na traxectoria da cantautora, xa que se trata dun traballo no que, sen deixar de lado a súa esencia, a artista explora novos camiños e estilos no eido musical.

Á xa coñecida banda composta por Diego Fiúza á guitarra, Inés Mirás ao baixo e Alberto Rama á batería, súmase unha lista de colaboracións que enriquecen notablemente este novo traballo. Trátase de Richi Casás nos ventos, Martiño Cabarcos na zanfona, Paco Cerdeira no Bouzouki, Ailén Kendelman (compoñente da formación Áureas) nas percusións e o artista da Costa da Morte Serj que interpreta un tema a dúo con MJ.

Este é o primeiro traballo de estudio da cantautora, que continúa no camiño da autoprodución, mais buscando continuamente a mellora disco tras disco. Casandra é un álbum gravado no estudio dos Locais de Ensaio do Concello de Arzúa, por tanto, dobremente especial para a artista, que na gravación e mistura contou co bo facer de Paco Cerdeira. Colaboraron tamén: Chou na asterización, Xoana Almar (de Cestola na Cachola) co deseño da portada do CD e o portugués Joel Faria deseñando unha serie de retratos que ilustran o interior do álbum. O Concello de Arzúa colaborou facilitando en todo momento o acceso e uso das instalacións do estudio, así como a axuda e preparación da presentación do disco, que será na Casa da Cultura.

Casandra, o título do disco é unha referencia ao mito grego de Casandra, quen posuía o don da profecía e era quen de adiviñar o futuro. A raíz dun conflito co deus Apolo, Casandra foi castigada: mantería o seu don, mais ninguén crería nela. A traxedia de Casandra chegou cando foi quen de prever a guerra e caída de Troia e ninguén creu nas súas súas advertencias.

(información extraída do blog Música en Galego)

Temas:

  1. Correría o risco
  2. Ai de min!
  3. Casandra
  4. Se non queren vir
  5. Abril
  6. Cando te canses
  7. O fío do que pendo
  8. Sempre
  9. Ninguén
Máis información en http://www.mjperez.net/

Vídeo de "Casandra"

Vídeo de "Ai de min!"



Onde conseguir esta proposta

Á venda en plataformas dixitais e nos seguintes puntos:



Galería