Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Tonecho
Difundir o artigo en Cabozo

Tonecho


Tonecho
Autor
Xaquín Marín
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-9151-093-2
ISBN
978-84-9151-093-2
Idade
De 8 a 15 anos
PVP rec.
19,90 €
Valoración
0 puntos

A Editorial Galaxia recupera o mítico Tonecho de Xaquín Marín

Tonecho é un personaxe mítico creado polo non menos mítico debuxante Xaquín Marín. Dende as páxinas da inesquecible revista Golfiño (2000-2004), que educou visualmente varias xeracións de galegas e galegos, e onde traballaban os máis grandes do humor gráfico de Nós, Tonecho aparecía como unha voz cargada de retranca, inxenua, mais de profunda sabedoría, e moita crítica. Nesta edición, a Editorial Galaxia recupera este traballo dun Xaquín Marín pletórico nun instante crucial da súa carreira. Esta edición que agora publicamos recolle a colección completa de Tonechos. Para ler e rir con vagar!

Xaquín Marín
Xaquín Marín é dos autores máis clásicos das viñetas galegas. Desde o inicio da súa carreira ten compaxinado ilustración, BD e un inxente labor como cartelista e humorista gráfico. Asinou álbumes de BD como Dos pés á testa. Ten colaborado cunha infinitude de publicacións que inclúen Teima, A Nosa Terra, El Ideal Gallego, Das Kapital, Can sen dono, A ameixa cacofónica, Diario16, La Codorniz e Hermano Lobo. Colaborou regularmente coa revista Golfiño nas súas dúas etapas. Defensor das libertades e da lingua galega nos anos finais da dictadura, contribuiu activamente a iniciativas artísticas posteriores como a resposta crítica á crise do Prestige, promovendo a exposición Humor Cru e participando no álbum de cómic H2Oil (2003). Xaquín é a alma mater e director do Museo do Humor de Fene, unha iniciativa sen parangón no estado.

Detalles

  • Páxinas: 116
  • Deseño: Cartoné
  • Dimensións: 210 x 295



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e no web da editorial.