Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Pakolas
Difundir o artigo en Cabozo

Pakolas


Pakolas de Paco Cerdeira
Autor
Paco Cerdeira
Empresa
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-9151-084-0
ISBN
978-84-9151-084-0
Idade
De 3 a 10 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
0 puntos

Con ilustracións de Laura Romero

“Cancións para rockear, para soñar, para non parar de mover o esqueleto e tamén sobre todo, para aprender”,  chega o primeiro disco en solitario de Paco Cerdeira, máis coñecido como Pakolas e fundador do grupo A Gramola Gominola.

Neste novo traballo Pakolas canta e conta historias de animais, que serán os protagonistas de moitos contos: “Baldomero o mero”, “Xabarín con bombín”, “O Furafollas”, “A quenlla Madrugadora” e “Mc Pac”, entre outros. Editado por Galaxia na súa colección Sonárbore, Pakolas é un libro disco que recolle 10 novas cancións orixinais e tamén contos; e, como novidade aporta a colaboración para a súa elaboración co Colexio de Logopedas de Galicia. Deste traballo conxunto nacen estas cancións pero tamén os contos que as acompañan, xerando unha historia fantástica cunha parábola ou ensinanza final, ademais de material complementario pedagóxico ao que se poderá acceder de xeito multimedia, xunto co resto dos contos. Así tanto estes profesionais logopédicos, como os centros escolares ou os propios lectores, a través dun código BIDI, atoparán materiais adicionais ademais do propio contido do libro.

En palabras do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia, "Pakolas é unha obra musical e literaria concibida para facilitar o traballo dos profesionais da fala e da linguaxe, achegándonos material que servirá como ferramenta e complemento ao noso labor diario con rapazas e rapaces. Ao memso tempo é un traballo divertido, co que tanto nenos e nenas como adultos poderán gozar cantando e bailando os seus temas, así como aprendendo coas súas historias e contos"

A ilustración do libro corre a cargo da creatividade de Laura Romero, licenciada en Belas Artes na Universidad de Salamanca, que consegue darlle vida a eses animais protagonistas de historias fantásticas, a través das imaxes cheas de colorido.

O libro disco Pakolas conta con algunhas colaboracións na parte musical, por unha banda Vituco Neira de Ruxe-Ruxe e Pilara de Pontearnelas ás voces do “Furafollas”, e coas baterías de Ro Muñoz, tamén integrante da banda A Gramola Gominola.

Web do músico Pakolas: www.pakolas.com
Axenda de concertos de Pakolas: www.pakolas.com/axenda/
Cancións de Pakolas: www.pakolas.com/cancions/ ou www.soundcloud.com/pakolas
Web da ilustradora: www.eleromero.com/ilustracion-editorial/



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e no web da editorial.



Galería