Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Os nosos. Futbolistas e adestradores que...
Difundir o artigo en Cabozo

Os nosos. Futbolistas e adestradores que defenderon as cores do Celta e do Deportivo


Os nosos. Futbolistas e adestradores que defenderon as cores do Celta e do Deportivo
Autor
Noela Rey e Héctor J. Pena
Empresa
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-697-6045-1
ISBN
978-84-697-6045-1
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
14,95 €
Valoración
4 puntos

Con prólogo de Vicente Celeiro

Nunca estiveran xuntos nun libro. Os Nosos une por vez primeira nunha única publicación todos aqueles xogadores e adestradores que teñen unha peculiar característica en común: militar durante a súa carreira no Celta e no Deportivo. #ONosoDerbi toma forma de enciclopedia persoal xusto no momento en que se cumpren 75 anos do primeiro clásico galego de rivalidade, que se desputou o 19 de outubro de 1941.

Héctor J. Pena e Noela Rey, autores da obra, unen as súas paixóns (branquiazul no caso dun e celeste no caso da outra) para dar forma a un libro no que recollen as historias dos xogadores e adestradores que percorreron camiño de ida e volta entre A Coruña e Vigo. De feito, un deles, Vicente Celeiro, querido en ámbolos dous clubs e que mesmo recoñece que ten un fillo do Celta e outro do Depor, é quen lle pon as primeiras palabras a esta obra tras aceptar realizar o seu prólogo.

Moitas das historias que aparecen no libro, máis que descoñecidas, son inéditas. De feito, moitos afeccionados quedarán sorprendidos ao saber quen vestiu a súa camiseta. A sorpresa escóndese en cada páxina canda historias que están máis á luz, como as de Oriol Riera, Goran Djorovic, Jabo Irureta, Miguel Ángel Lotina, Fernando Vázquez, Flaco Gil, Pahíño ou Mariano. Deportivistas e celestes atoparán un perfecto entretemento e conseguirán facerse coa información máis inesperada.

Héctor J. Pena (A Coruña, 1985) é historiador do fútbol galego e membro do Centro Internacional de Historia e Estadística do Fútbol Español e da International Federation of Football History & Statistics. Leva moitos anos escribindo e falando das súas dúas maiores paixóns, historia e fútbol de Galicia, en diversos medios de comunicación do país e en libros como El Camino Inglés, no que escribiu o capítulo "El telégrafo que nos trajo el fútbol" (sobre a introdución do balompé en Galicia), ou Historia del Trofeo Teresa Herrera, publicación que repasa a traxectoria do decano dos torneos de verán.

Noela Rey (Ponteareas, 1984) é unha xornalista do sur de Galicia afincada na Coruña que leva máis de dez anos traballando en diversos medios de comunicación galegos, dende o Faro de Vigo ata El Ideal Gallego, pasando pola Televisión de Galicia, a Radio Galega e Xornal de Galicia. Os nosos é a súa primeira aventura literaria e ensaística, na que se encargou, ademais, da corrección e o deseño.

Características: 106 páxinas, tapa branda e impreso a toda cor




Onde conseguir esta proposta

Á venda nas seguintes librarías:

A Coruña:
- Arenas
- Azeta
- Berbidiana
- Carballido
- Couceiro
- Suevia
- Terra

Santiago de Compostela:
-Follas Novas

Vigo:
- Cartabón
- Celta
- Don Bosco
- La Guía
- Lafer
- Vigo

Tamén dispoñible na páxina de Facebook do libro, na plataforma dixital Amazon (en formato dixital e en papel) e no web de La Casa del Libro (en formato dixital).



Galería