Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Axenda Feminista 2018
Difundir o artigo en Cabozo

Axenda Feminista 2018


Axenda Feminista 2018
Autor
Observatorio da Mariña pola Igualdade
Empresa
Categoría/s:
Referencia
AxFeminista2018
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
15,00 €
Valoración
5 puntos

A Axenda Feminista 2018 leva por título Activistas galegas e con ela este ano, no que o OMI cumpre o seu décimo aniversario, queremos visibilizar o activismo realizado por mulleres. Lendo as súas páxinas poderemos entrever cales son as reivindicacións obxecto de preocupación das mulleres.

Nas anteriores sete edicións, a iniciativa do observatorio escolleu como protagonistas galegas dedicadas á música, á escrita, ao teatro, á poesía, á ciencia e ás labregas. En Activistas galegas figuran a membro do Foro de Inmigración Laura Bugalho, a sindicalista labrega Isabel Vilalba, a músico de Batuko Tabanka Antonina Semedo, a xuíza Paz Filgueira, a ecoloxista de Verdegaia Nela Abella, a filóloga e experta en normalización lingüística Valentina Formoso, a libreira de Lila de Lilith -libraría feminista de Compostela- Patricia Porto, a activista pro Palestina Marisela González, a sindicalista Susana Riveira, Iria Villar, Adriana Casal e Carmen Vilaboa.

A Axenda Feminista 2018 mantén o formato do ano anterior: tamaño A5, tapa branda, goma para pechala e unha cinta para marcar a páxina desexada. O deseño das tapas correu a cargo da deseñadora Abi Castillo.



Onde conseguir esta proposta

Á venda nas seguintes librarías:

  • Ribadeo: Libraría Casa das Letras
  • Foz: Libraría Bahía
  • Burela: Libraría Espacio Lector Nobel
  • Viveiro: Libraría Porta da Vila
  • Vilalba: Libraría O Mundo de Suevia
  • Lugo: Libraría Trama
  • Sarria: EcoEspazoVitriol
  • Santiago de Compostela: Libraría de mulleres Lila de Lilith
  • A Coruña: Livraria Suévia
  • Arzúa: Papelería Cartafol
  • Vigo: Libraría Andel
  • Allariz: Aira das Letras
  • Pontevedra: Libraría Paz



Galería