Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Camiños
Difundir o artigo en Cabozo

Camiños


Camiños
Autor
Magin Blanco
Empresa
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
Camiños
Idade
De 5 a 12 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
0 puntos

Camiños é a nova aventura de Magin Blanco, un dos mellores músicos e compositores de Galicia adicados ó publico infantil e xuvenil. Neste fermoso e completo traballo, Magin xunto ao ilustrador Leandro Lamas, presenta un libro-disco e un espectáculo teatral, no que inicia un novo camiño cheo de aventuras e misterios.

Camiños convértese nunha viaxe e un lugar de encontro e descubrimentos para os nenos. A través de cancións, contos, poemas e textos de destacados escritores galegos e da inspirada musica de Magin, os mozos lectores atópasen claves e pistas que á vez que lles divirten, contribúen ao seu desenvolvemento emocional.

Camiños é unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos, para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade dos nenos. Un libro de 68 páxinas (tapas duras e papel offset), un CD con 13 cancións orixináis (das que destaca a xa publicada “Marcho que teño que marchar”) e contos e poemas de Carlos Meixide, Víctor F. Freixanes, Ledicia Costas, Francisco Castro, Paula Carballeira, Anxos Sumai, Marta Somoza, María Lado, Antonio García Teijeiro e Eva Mejuto.

Vídeo de “Marcho que teño que marchar”, con animación de Luz Beloso.



Onde conseguir esta proposta

LIBRO CD: dispoñible nas tendas de discos, vendas por correo e librerías.
VERSIÓN DIXITAL: Spotify | Apple Music | iTunes | Deezer | Amazon