Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Bailando as rúas
Difundir o artigo en Cabozo

Bailando as rúas


Bailando as rúas
Etiquetas
Autor
A banda da loba
Empresa
Ano
2017
Referencia
Bailandoasrúas
Idade
De 8 a +18 anos
PVP rec.
12,00 €
Valoración
0 puntos

Muiñeiras nos montes.
Maneos nos muíños.
Música con M de muller.
Para poboar
os camiños das cidades,
as avenidas das aldeas,
as encrucilladas nas que se agocha Pepa a Loba.
Bailemos as rúas!

A banda da loba
está integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk… e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical.

Forman A banda da loba Xiana Lastra (voz), Estela Rodríguez (violín), Andrea Porto (guitarra e baixo), Inés Mirás (guitarra e teclado) e Marcela Porto (percusión).

Bailando as rúas é o seu primeiro traballo discográfico e nel contaron coa produción musical de Adrián Saavedra e as colaboracións de Guadi Galego e Tanxugueiras.

Vídeos musicais na súa páxina de Youtube



Onde conseguir esta proposta

Á venda en:

A Coruña: Discos Portobello (rúa Cega, 3)
Ferrol:
Clef Music (rúa Magdalena, 31)
Lugo
: Don Disco (Camiño Real, 36)
Ortigueira
: Paralaia Pub (rúa do Príncipe, 7), Pizzería do Baleo (Ponte do Baleo)
Ourense
: Peggy Records (rúa Sáenz Díez, 16)
Rois:
Taberna O Tallón  (lugar de Vigo)
Santiago de Compostela: Trisquel Artesanía (rúa da Acibechería, 31), Libraría de mulleres Lila de Lilith (rúa Travesa, 7)
Vigo:
Honky Tonk Discos (rúa da Falperra, 18)

Máis información no seu web.



Galería