Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » A obra
Difundir o artigo en Cabozo

A obra


A obra
Autor
Bruno Sperani
Empresa
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-946538-1-0
ISBN
978-84-946538-1-0
Idade
De 14 a +18 anos
PVP rec.
14,50 €
Valoración
0 puntos

Tradución do italiano de Isabel Soto

En liñas xerais, a produción de Bruno Sperani caracterízase por presentar certo pouso determinista e pola especial profundidade concedida ás mulleres, arrastradas polas leis do sangue e da sociedade e cuxo destino fatal deriva na servidume e a submisión.

No caso de A obra (1894), coa que a autora acadou un enorme éxito, Luisina Terragni exemplifica un camiño dende a resignación, tras ser seducida e enganada e vivir unha chea de desgrazas, até a rebelión, unha vez que coñece o verdadeiro amor co obreiro Francesco Bitossi. A historia está ambientada en Milán, onde daquela tiña lugar unha febril actividade co fin de construír novas avenidas, barrios e modernas infraestruturas.

Cun estilo incisivo e penetrante, o relato aborda a vida dos marxinados e desfavorecidos, aos que contrapón cos poderosos especuladores, mesquiños e hipócritas. Ao tempo, insírese na trama o xermolo das ideas socialistas entre a clase traballadora e as incipientes protestas sociais. Determinadas pasaxes, coma as dos desaloxamentos ou as das indignas tretas dos patróns, resultan dunha actualidade a todas luces abraiante, e demostran que Bruno Sperani, nunca antes traducida ao galego, foi unha muller comprometida e atenta ao seu contorno.

Características:

176 páxinas
20 x 13.5 cm
Colección XIX



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e na tenda en liña da editorial.