Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Muriel
Difundir o artigo en Cabozo

Muriel


Muriel
Etiquetas
Autor
María Canosa
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-9121-274-4
ISBN
978-84-9121-274-4
Idade
De 6 a 12 anos
PVP rec.
12,50 €
Valoración
0 puntos

Premio Merlín de Literatura Infantil 2017

A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era posible. A vida de Muriel volveu mudar cando coñeceu un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro.

Gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, Muriel foi definida polo xurado como «unha historia sedutora, onde conta cada palabra; un canto á imperiosa necesidade da cor; unha aventura entrañable, cálida e misteriosa».

Ilustracións de Lucía Cobo

  • Papel
  • 13,50 x 19,00 cm
  • Rústica cosido a fío
  • 192 Páxinas



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e aquí.