Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Ceiba de Luz
Difundir o artigo en Cabozo

Ceiba de Luz


Ceiba de Luz
Autor
Manuel Lourenzo González
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-9121-276-8
ISBN
978-84-9121-276-8
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
12,15 €
Valoración
0 puntos

Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2017

O achado nunha tenda de antigüidades dunha estatuíña humana, de ouro macizo e fasquía precolombina, desencadea a organización da expedición Ceiba de Luz. Un grupo heteroxéneo formado por dezaoito persoas e comandado pola profesora Sandra Olivares embárcase na aventura de chegar ao mítico Eldorado. Durante máis de dous meses atravesan a selva amazónica no Perú na procura das culturas taimahuara e arapanac, ata alcanzaren a antiga cidade de Haripari. A convivencia provocará liortas, intrigas e traizóns, pero tamén relacións de amizade, amoríos e morte.

En Ceiba de Luz, Manuel Lourenzo González amosa a súa habelencia narrativa agasallándonos cunha novela de aventuras cargada de intriga onde as psicoloxías e as relacións dos personaxes, plasmadas nuns diálogos vivos, evolucionan no tan vizoso como abafante ambiente da selva amazónica. Como pano de fondo, a natureza virxe converxe coas culturas ancestrais para crearen un poder que se enfronta, desde o misterio, ao egoísmo e a superficialidade da sociedade en que vivimos.

  • Papel
  • 13,00 x 21,00 cm
  • Rústica cosido a fío
  • 344 Páxinas



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e aquí.