Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » A arte de trobar
Difundir o artigo en Cabozo

A arte de trobar


Autor
Santiago Lopo
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-9121-273-7
ISBN
978-84-9121-273-7
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
16,85 €
Valoración
0 puntos

Premio Xerais de Novela 2017

No século XIII, unha "troupe" de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lírica provenzal. Un códice oculto, a Inquisición, a herexía cátara e os segredos da alquimia uniranse ás cantigas medievais para conformar unha trama engaiolante nunha novela con grandes doses de intriga.

A arte de trobar é unha novela luminosa, escrita con felicidade e coñecemento, que non renuncia ao humor. Configurada a partir de capítulos curtos, é capaz de integrar unha trama implacable coa tradición máis notable de versos en galego e occitano. Documentada con rigor, e dotada dun ritmo moi áxil, A arte de trobar constitúe un vibrante fresco desta nosa historia, que se escribiu en folla de pergamiño e con pluma de ave, á beira do mar.

  • Papel
  • 14,50 x 22,00 cm
  • Rústica cosido a fío
  • 224 Páxinas



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e na tenda en liña da editorial.