Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Tenrura
Difundir o artigo en Cabozo

Tenrura


Tenrura
Autor
Antón Cortizas
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-9151-090-1
ISBN
978-84-9151-090-1
Idade
De 2 a 8 anos
PVP rec.
18,00 €
Valoración
5 puntos

Con Tenrura arranca a colección “Libros para compartir”

Tenrura cóntanos a  historia dunha nena que vai ter un irmán. El, por suposto, vive dentro do ventre da súa nai. E vai ter que esperar nove meses…, ou non. Porque ela, ten un plan para coñecer ao seu irmán antes de tempo.

Un libro cheo de maxia, dozura, e moita, moita tenrura.

Detalles

  • Páxinas: 96
  • Deseño: Cartoné
  • Dimensións: 140 x 275
  • Colección: Libros para compartir
Antón Cortizas
Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954) é profesor. En 1986 gañou o premio Curuxa de Humor co relato A medio muller. Desde esa data, a súa dedicación á literatura infantil e xuvenil tenlle deparado moitos recoñecementos, como o premio Barco de Vapor por Memorias dun río (1988) e O conto dos sete medos (1991) e, tamén en dúas ocasións, o premio Xeración Nós de textos teatrais por O coleccionista de sombras (1990) e O incrible invento de Solfis a pianista (1994). Outros títulos publicados por Cortizas son Xiganano, ¿onde estás? (1990), O lapis de Rosalía (1992), A bruxa sen curuxa (1993), O merlo de ferro (1995), A merla de trapo (Premio Merlín 2001) e ¡Cázame ese pensamento! (2001).



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e na tenda en liña da editorial.