Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Que contan as ovellas para durmir?
Difundir o artigo en Cabozo

Que contan as ovellas para durmir?


Que contan as ovellas para durmir?
Etiquetas
Autor
Kiko da Silva
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-9151-100-7
ISBN
978-84-9151-100-7
Idade
De 2 a 6 anos
PVP rec.
15,50 €
Valoración
0 puntos

15 ANIVERSARIO. EDICIÓN ESPECIAL

Bee é unha ovella branca coma unha nube de leite dentro dun rabaño de ovellas negras coma o café. Unha noite que non lle entraba o sono, preguntouse: Que contan as ovellas para durmir?

Ti sábelo? Bee, tampouco. E non poderá pegar ollo ata atopar a resposta.

Detalles

  • Páxinas: 28
  • Deseño: Cartoné
  • Dimensións: 230 x 295
  • Colección: Árbore
Kiko da Silva
É un dos máis novos e destacados ilustradores do panorama galego. Salienta pola súa constante procura de novos rexistros e linguaxes frescas, como sucede con ¿Que contan as ovellas para durmir?, un conto de estruturas paralelísticas e acumulativas, habituais na boa literatura para nenos. Tamén ilustrou en Galaxia obras como Dez contos de Andersen. O Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) concedeulle o Premio Xoán Manuel Pintos 2007 polo "seu compromiso constante co galego, sendo un exemplo de normalidade no uso da nosa lingua desde o mundo da ilustración, do humor gráfico e da banda deseñada".



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e na tenda en liña da editorial.