Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » O sono das sereas
Difundir o artigo en Cabozo

O sono das sereas


O sono das sereas
Autor
Xosé Antonio Neira Cruz
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-9151-098-7
ISBN
978-84-9151-098-7
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
14,50 €
Valoración
0 puntos

XI Premio de Narrativa Breve Repsol (2017)

Á beira do areal de Traba, na Costa da Morte, unha igrexa garda un segredo insospeitado e terrible. Á sombra del, ao longo dos séculos de silencio e infortunio, as mulleres dunha mesma familia padeceron a condena de seren mortas en vida. As habitantes da Casa do Soño: velaí o nome polo que a súa morada é coñecida en toda a contorna. A historia que se agocha detrás dese lugar é un tabú que selou bocas e soldou medos ao longo de xeracións. Ninguén fai preguntas nin dá máis palabras que as que, de vez en cando, a escape, se poden coar nalgunha rexouba repregada de inmediato coa forza coa que as mareas volven ao seu lugar de orixe. Sen deixar ningún atisbo certo ao descuberto. Só a chegada de tres estraños a ese mundo pequeno e atlántico, recollido en si coma nun embigo de pedra, permitrá desvelar a verdade. Unha verdade repleta de prexuízos e de supersticións tan estrañas e inesperadas como as sereas que aduban as paredes dese templo ancorado no tempo, dentro do cal latexa a marabilla, o misterio e a maldade.

Detalles

  • Páxinas: 158
  • Deseño: Rústica con lapelas
  • Dimensións: 135 x 210
  • Colección: Literaria


Xosé Antonio Neira Cruz
Nacido en Compostela en 1968, é un dos autores de libros dirixidos a público infantil e xuvenil máis relevantes do panorama galego actual. Licenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Información. En 1989 obtivo o premio Merlín por Ó outro lado do sumidoiro, o seu primeiro libro publicado. Logo apareceron outros como Melanio e os paxaros e Os gatos de Venecia. Gañou en dúas ocasións o premio Barco de Vapor con Valdemuller e Os ollos do Tangaleirón. Entre a súa produción destacan outros títulos como O armiño dorme, A memoria das árbores e O xenio do sultán.

Recibiu en 2008 o Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques con 'O punto da escarola', e en 2009 o Manuel María de Literatura Dramática Infantil pola súa obra 'Sopa de xarope de amora', sendo así recoñecido por segundo ano consecutivo nos galardóns literarios que convoca a AGADIC.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e na tenda en liña da editorial.