Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Uxía-o
Difundir o artigo en Cabozo

Uxía-o


Uxía-o
Autor
Uxía
Empresa
Ano
2017
Referencia
Uxía-o
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
4 puntos

Uxía presenta o seu novo traballo musical, unha particular homenaxe a Uxío Novoneyra na que viste de música o poeta do Courel con ecos de muiñeira, ragtime, alalá e reggae.

“A poesía de Uxío ten un ritmo interno que a fai moi adecuada para ser cantada”, sostén Uxía, que decidiu colaborar de novo co multi-instrumentista brasileir Sérgio Tannus “para que esta visión fose a máis actual e universal posíbel, colocando o acento na contemporaneidade e musicalidade da obra de Novoneyra”. Para determinar o repertorio, Uxía e Sérgio escolleron entre os seus poemarios o que atoparon “máis próximo e familiar”, en ocasións unindo varios poemas, como é o caso de “O aire” ou “A miña sombra correndo”, transformado en alalá. Xunto ás novas composicións encóntranse tamén unha adaptación do tema “Cain as follas”, de Emilio Cao, ou “Alalás encadeados”, poema inédito incluido no disco de Uxía Meu canto (Fol Música, 2011).

Uxía: voz
Sérgio Tannus: guitarra e viola caipira
Santi Cribeiro: acordeón
Isaac Palacín: percusións
José Manuel Díaz: contrabaixo
Colaboracións especiais:
Ana Isabel Días: arpa clásica
Quim Farinha: violín
Fred Martins
Lui Coimbra

Editado pola Fundación Uxío Novoneyra

Temas
1. O aire
2. Namorando
3. Fiandeira
4. Pensamento
5. Novas verbas de door
6. Ollando a serra calada
7. Cain as follas
8. Branca, Uxío i Arturo
9. O pouso do tempo
10. Alalá das sombras
11. Paxaros e paxariños
12. O cuco a cantar
13. Tesos cumes do Courel
14. Terra moura
15. Alalás encadeados
16. En Compostela



Onde conseguir esta proposta

Á venda nos seguintes puntos:

En liña aquí.