Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Livres e loucas
Difundir o artigo en Cabozo

Livres e loucas


Livres e loucas
Autor
Habelas Hainas
Empresa
Ano
2017
Referencia
LivreseLoucas
Idade
De 14 a +18 anos
PVP rec.
12,00 €
Valoración
0 puntos

Habelencia Húmida Histeria Horizonte. Compostela. Catro mulleres. Halo, Harmonía Humana. Herdanza, Historia viva.Hiperactiva! H do silenzo, muda a muller que soa. Homenaxe. Hematomas. Camiños onde non medra a Herba. Hábitat de Hormonas Hilarantes. Hidrosfera musical. Hoxe. Hipnose sonora con…

HABELAS HAINAS, logo dunha intensa traxectoria como músicas ao vivo, Arantza Alfaia, Patricia Gamallo, Jara Ortiz e Sandra Tamayo presentan Livres e loucas, primeiro traballo discográfico deste grupo de músicas de raíz galega cun son enérxico, fresco e orixinal dende olladas feministas e sociais.

HISTORIA DO GRUPO
É no 2010 cando se cruzan os camiños destas catro mulleres de ampla traxectoria no mundo da música tradicional, para crearen o proxecto Habelas Hainas. Coas mesmas inquedanzas musicais e vitais, forman un quebracabezas onde os catro elementos se xuntan e complementan de xeito persoal. A súa versatilidade vai alén do feito de seren multinstrumentistas, e lévaas a explorar outros eidos artísticos poético-teatrais, facendo de cada espectáculo algo diferente e senlleiro. Compostela é o decorado onde se dá a luz o proxecto que, dunha forma directa, conecta coa xente de a pé en rúas, calexas, prazas, locais e escenarios.
O seu punto de partida é a música tradicional e de raíz, sentíndose parte dunha tradición longa e viva da que xorde a natural necesidade de expresárense, sempre dende unha ollada feminista e plural. Isto lévaas a explorar outras músicas, crear os seus propios temas e experimentar coa tradición. Esta permanente inquedanza reflítese na indagación e aproveitamento dos diferentes recursos dos instrumentos tradicionais, creando un son enérxico, fresco e orixinal.

HABELAS HAINAS
AS PINZAS
Sandra Tamayo: acordeón, gaita, pandeiro cadrado…
Patricia Gamallo: gaita, pandeiro cadrado, guitarra…
Arantza Alfaia: tamboril, caixón peruano, derbuka…
Jara Ortiz: voz, bombo, pandeireta, crótalos árabes…

https://open.spotify.com/album/47c2MCUrdGGYAHX7v9JNRW

Contacto: Habelas Hainas 658927681, 659308606, habelas.hainas@hotmail.com



Onde conseguir esta proposta

En Santiago de Compostela:
-Libraría Lila de Lilith
-De Cotío
-Triskel Artesanía
-A Grileira

Na Coruña:
-A Repichoca

Tamén se pode facer un pedido en: habelas.hainas@hotmail.com (prazo de entrega 24 h)



Galería