Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » O gran libro dos señores importantes
Difundir o artigo en Cabozo

O gran libro dos señores importantes


O gran libro dos señores importantes
Etiquetas
Autor
Natasha Lelenco
Empresa
Ano
2017
Referencia
9788469773222
ISBN
9788469773222
Idade
+18 anos
PVP rec.
30,00 €
Valoración
0 puntos

Libro de arte, catálogo e traballo de creación colectiva poético-visual da artista moldava afincada en Galicia Natasha Lelenco, con textos de Tomás Lijó, Mónica Góñez e Alfonso Mato.

O libro recolle as pezas do proxecto Adopta Un Señor Importante, 45 retratos combustibles cos seus micropoemas /microrelatos asociados que funcionan ao xeito de exvotos ou espellos do peor de nós mesmos.

É un libro de arte moi coidado producido a través dunha campaña de micromecenado que partiu coa queima dos Señores Importantes non Adoptados ao final dos 6 meses de campaña de adopción en 6 salas de exposicións de 6 cidades e vilas galegas.

Un proxecto artístico arredor do efémero, do importante e do non importante, que nos lembra que somos combustibles, que nada importa demasiado e que ninguén é máis importante ca ninguén.

Características:

  • Impresión offset
  • Tamaño 23 x 28 cm., de 148 páxinas 
  • Papel creator vol de 150 g, a 4/4 tintas; as 36 últimas en coral book ivory 1.65 de 90 g, a 4/4 tintas
  • Portada con impresión UVI
  • Encadernación cartoné cosida. Rústica
Vídeo do proxecto artístico Adopta un Señor Importante



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías. Tamén directamente á autora-editora no enderezo: casadasperitas@gmail.com.



Galería