Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Escolma poética
Difundir o artigo en Cabozo

Escolma poética


Escolma poética de Rosalía de Castro
Autor
Rosalía de Castro, Belén Padrón
Empresa
Categoría/s:
Referencia
978-84-96957-29-9
ISBN
978-84-96957-29-9
Idade
De 8 a 17 anos
PVP rec.
15,00 €
Valoración
0 puntos

A lúa, ese ser cambiante
que muda a súa cara de espello circular.
Señora das mareas, astro de fecundidade.
Ritmos lunares para dar medida ao tempo,
ao tempo poético.

Fráxil e profunda, Rosalía de Castro transitou pola vida con palabras de revelación e misterio, de xeito adverso. Nun país sen voz propia, foi a primeira en atopar o nome non escrito das nosas cousas. Os libros Cantares gallegos e Follas novas, aos que pertencen os versos desta escolma, son textos reivindicativos que enxalzan a terra, a muller galega, os nenos, os vellos, os desposuídos... A poeta muller nunha Galicia analfabeta no seu idioma, a muller orfa de nenez, de saúde precaria e agoniada polas penas, que asumiu a defensa e canto do país, é un mito das letras e da galeguidade, en calquera recuncho do mundo.

Belén Padrón dálle forma e cor a cada poema, plasmando nas súas ilustracións a súa visión do imaxinario rosaliano. Imaxes de contido onírico e simbólico sobre o desamor, a morriña, a beleza da paisaxe, a vida da paisanaxe, as inxustizas sociais, a saudade, o desacougo interior... Un libro que se pode expoñer na casa aberto nunha mesa, nun atril... para que ao pasar as páxinas, os seus versos e estampas nos enchan coa súa presenza.

Ilustracións inspiradas na lectura dos poemas; anexo coa versión orixinal dos textos; colaboración da Fundación Rosalía de Castro.

Índice poético:
Nasín cando as prantas nasen
Maio longo
Adiós ríos, adiós fontes
Mais ve que o meu corazón
Pra A Habana
Soia
Cando penso que te fuches
Campanas de Bastavales 
Que pasa ao redor de min
Unha vez tiven un cravo 
Tecín soia a miña tea
Tal como as nubes
Cando era tempo de inverno

Encardernado en cartoné. 15 x 23,5 cm, 64 páx.




Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na tenda en liña da editorial.