Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco...
Difundir o artigo en Cabozo

María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito


Autor
Marilar Alexandre e Fina Casalderrey
Categoría/s:
Ano
2018
Referencia
978-84-9121-311-6
ISBN
978-84-9121-311-6
Idade
De 11 a +18 anos
PVP rec.
12,50 €
Valoración
0 puntos

María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito

Este libro é un acto de cariño, no que Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre ofrecen un fermoso retrato de María Victoria Moreno, a escritora, á que está dedicado o 17 de maio de 2018. Iniciada polo relato apaixonante do que sucedía na libraría Xuntanza de Pontevedra, da que era socia María Victoria, esta biografía segue o fío da vida da autora, dende os seus anos difíciles de infancia e formación, até a súa chegada en 1963, a Galicia, onde exerceu como profesora de lingua e literatura. Un relato no que están presentes, a súa paixón polo ensino e polos animais, reflectida en boa parte das súas obras, a súa capacidade para meterse na pel dos personaxes dos libros propios e alleos, até a valente actitude coa que enfrontou o cancro. Un libro, nacido do cariño e admiración por María Victoria, que reconstrúe con emoción toda unha vida de novela dedicada ao amor aos libros e a comunicar o pracer pola lectura en galego, lingua coa que mantivo unha historia de amor



Onde conseguir esta proposta

Á venda en libraría e aquí.