Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Volve a cociña de Larpeiros
Difundir o artigo en Cabozo

Volve a cociña de Larpeiros


Etiquetas
Autor
Benigno Campos Melón
Ano
2012
Referencia
978-84-9865-450-9
ISBN
978-84-9865-450-9
Idade
+18 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
0 puntos

Volve a cociña de Larpeiros

Así titula Paula Cermeño a entrevista que introduce o terceiro libro de Benigno Campos: Volve a cociña de Larpeiros, a nova entrega dos máis popular e seguido dos cociñeiros galegos, responsable dun éxito editorial sen precedentes no mercado editorial galego.

Volve a cociña de Larpeiros con máis de 120 novas receitas, receitas da cociña tradicional de Galicia, receitas das nosas nais e avoas. Pratos que, como di Benigno Campos, tamén serven para moito máis que comer, pois son unha "oportunidade de falar, de encontrarse".

Con este terceiro libro, as lectoras e lectores de bo padal poderían, sumando as receitas dos dous libros anteriores (A cociña de Larpeiros e Novas receitas da cociña de Larpeiros), dispor de pratos para todos os días do ano sen ter en ningún momento unha sensación de rutina. A amplísima variedade de produtos e xeitos de preparalos completan un extraordinario catálogo gastronómico.

Na cociña, a suma de ingredientes non dá sempre o mesmo resultado. Algo misterioso ocorre nas cazolas para que o mesmo prato non saiba igual aínda que dúas persoas dean os mesmos pasos na súa preparación. Ese misterio é a "man" de cada cociñeira e de cada cociñeiro. E nesta nova entrega o autor revélanos 30 segredos da súa "man" para que os seus seguidores poidan achegarse ao saboroso resultado que logra Benigno Campos coas súas preparacións. Eses pequenos, mais imprescindibles consellos que dan o punto final a
cada prato.

Os larpeiros están en boa hora!



Onde conseguir esta proposta

Á venda en todas as librerías