Alicornio
Alicornio Organic Spirits é unha destilería que Belén e Iñaki, dous emprendedores novos apaixonados polos licores de produción artesá, puxeron en marcha no ano 2014. Desde unha contorna rural como é o concello de Sarreaus, en Ourense, dedícanse á produción de augardentes e licores artesáns, tradicionais e ecolóxicos.
Como maior singularidade -e tamén un dos nosos puntos fortes- salientan o control exercido sobre todo o proceso de produción: desde a recolla do bagazo e almacenaxe nas adegas ata a súa destilación en instalacións propias mediante alambiques tradicionais.
Alén diso, dispoñen da súa propia produción de froitos -caso das framboesas ou os arandos- e herbas aromáticas. Produtos ecolóxicos todos eles e dos que obteñen unha calidade óptima para despois elaborar os licores artesáns.