Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Contos Estraños
Difundir o artigo en Cabozo

Contos Estraños


  • Rúa de Astorga 8, 3.º A. 15707 Santiago de Compostela
  • Email
  • Web

Editorial especializa en fantasía, terror e ciencia ficción en galego.

Así se definen na súa páxina web:

Durante dous anos Contos Estraños foi un selo máis dentro da maquinaria de Urco. Foi un período en que viron a luz varias obras, principalmente números da revista e libros infantís. Porén, en xuño de 2017, probabelmente por mor dun churrasco en mal estado (iso tamén explicaría o nacemento da editora), Fernando e Tomás, xa superados psicoloxicamente senllos problemas de alimentación e alopecia, deciden iniciar unha terceira etapa. Contos Estraños convértese entón na Asociación Editorial Contos Estraños para iniciar un novo camiño por si propia. Á fin, logo de pasar por múltiples fases, ese monstro multiforme cuxo nome homenaxea a mítica Weird Tales de Lovecraft, Howard e Smith, pasa a integrar no seu seo algunhas das persoas que viron o seu nacemento, onde cabe mencionar aquel corvo feito persoa. O motivo de se tornar nunha asociación sen ánimo de lucro? En realidade son dous. O primeiro: contribuír sen a interferencia do Capital na construción dunha literatura fantástica en galego forte, poderosa e sen barreiras nin censuras O segundo: Non existe maior lucro neste mundo que FACER O MAL.

outras propostas, entre as que hai que salientar a primeira triloxía “rematada” de fantasía épica en lingua galega, da man dese señor-corvo que se mencionou hai un bocado. O tempo foi pasando e foise producindo un sorprendente proceso inversamente proporcional relativo ao volume corporal de Fernando e o pelo de Tomás. As raves con cubatas e pulpo, os iates de luxo, o licor café colombiano, o churrasco de contrabando… Todo aquilo foi mirrando aquel castelo de fantasía, até que o 19 de xuño de 2015 Contos Estraños anunciaba que pasaba a se converter nun selo de Urco Editora, o seu fogar natural, por outra banda. O diñeiro xa non daba para tratamentos dietéticos nin para implantes capilares. Durante dous anos Contos Estraños foi un selo máis dentro da maquinaria de Urco. Foi un período en que viron a luz varias obras, principalmente números da revista e libros infantís. Porén, en xuño de 2017, probabelmente por mor dun churrasco en mal estado (iso tamén explicaría o nacemento da editora), Fernando e Tomás, xa superados psicoloxicamente senllos problemas de alimentación e alopecia, deciden iniciar unha terceira etapa. Contos Estraños convértese entón na Asociación Editorial Contos Estraños para iniciar un novo camiño por si propia. Á fin, logo de pasar por múltiples fases, ese monstro multiforme cuxo nome homenaxea a mítica Weird Tales de Lovecraft, Howard e Smith, pasa a integrar no seu seo algunhas das persoas que viron o seu nacemento, onde cabe mencionar aquel corvo feito persoa. O motivo de se tornar nunha asociación sen ánimo de lucro? En realidade son dous. O primeiro: contribuír sen a interferencia do Capital na construción dunha literatura fantástica en galego forte, poderosa e sen barreiras nin censuras O segundo: Non existe maior lucro neste mundo que FACER O MAL.



Produtos de Contos Estraños


O tesouro dos mouros

Fernando M. Cimadevila
Contos Estraños

PVP rec. 12,00 €

Apalpador vs. Papá Noel

Fernando M. Cimadevila
Contos Estraños

PVP rec. 12,00 €