Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Illa Bufarda
Difundir o artigo en Cabozo

Illa Bufarda


  • Rúa Tomiño, nº24, entrechán. 15703 Santiago de Compostela
  • T.  881 974 101
  • Email
  • Web

Illa Bufarda é un territorio creativo que medra co tempo con cada proxecto que agroma na súa superficie. O seu clima caracterízase durante todo o ano por abundantes tormentas de ideas e temperaturas atmosféricas moi expresivas. O ecosistema é tan diverso en fauna e flora coma os imaxinarios que a transitan. 

O nome deste novo territorio fai referencia ás pequenas xanelas das tradicionais construcións galegas polas que se filtran os raios de luz: as bufardas, a través das cales podemos encadrar historias, imaxes, paisaxes e un sen fin de realidades e ficcións.

As habitantes da Illa Bufarda comunícanse principalmente co audiovisual, linguaxe que abrangue moi diversas expresións: animación, fotografía, deseño... coas técnicas máis acaídas para cada proxecto.



Produtos de Illa Bufarda