Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Baía Edicións
Difundir o artigo en Cabozo

Baía Edicións


Baía Edicións
  • Polígono de Pocomaco, 2ª Avda., Parcela A2/52. 15190 A Coruña
  • T.  981 174 296
  • F.  981 915 698
  • Email
  • Web

Baía Edicións desenvolve 26 coleccións dirixidas ao público Infantil e Xuvenil, que se concretaron nos máis de 170 títulos do actual catálogo infantil da editorial, algúns deles merecedores de premios. Nos proxectos dirixidos ao público infantil, tenta sempre combinar o carácter didáctico das coleccións (Os dereitos do neno e da nena, Carteira de valores, Contos da igualdade, Queremos saber, A aventura de vivir, Primeiros coñecementos de ciencia) con outros con predominio lúdico-literario (Rodribico, Mar de letras, Xiz de cor, Grandes clásicos adaptados), Fabulando, todos eles cun importante contido visual.

No ano 2004 pon en marcha o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil, que pretende ser un novo foro para autores e autoras que, en galego, dirixen as súas obras de creación a este sector tan importante da nosa poboación e do que depende, en boa medida, a supervivencia e futuro do galego como idioma de uso oral e escrito.

Desde os inicios aposta pola divulgación do medio natural, pois entende que o seu coñecemento é unha forma de contribuír á súa conservación. Aposta que se concreta na colección Baía Verde, guías da natureza  galega ilustradas, alcanzando máis de 20 títulos,  merecedores de varios premios, entre eles o de Mellor proxecto editorial pola Federación de Librerías de Galicia en 2013. Nas nosas guías xúntanse rigor científico e valor divulgativo e sitúan a Baía Edicións e a literatura naturalista galega ao máis alto nivel e ao seu ilustrador, Calros Silvar, nos cinco mellores debuxantes naturalistas do mundo.


Promove unha colección de Gastronomía, iniciada coa obra de Nieves Feros Cociña caseira galega e que na actualidade conta con 9 títulos, algún deles  premiados pola prestixiosa asociación internacional Gourmand.

Continúa coa publicación de Libros de Texto para ensino secundario e promove a creación de libros educativos electrónicos e da Aula Virtual de Baía.

Inicia a internacionalización da empresa e promove a venda de dereitos a outras linguas, que se concretou na publicación por outras empresas de diversas obras en catalá, euskera, castelán, francés  e portugués.

Promove a creación do selo editorial Ártabro, para a publicación en castelán. Participa na creación da distribuidora Consorcio Editorial Galego, da que é accionista ao 50%, e que distribúe na actualidade o 80 % das empresas editoriais galegas.



Produtos de Baía Edicións


A reconquista

Antía Yáñez
Baía Edicións

PVP rec. 13,00 €

Vermella

Sabela Losada Cortizas / Minia Regos (ilustracións)
Baía Edicións

PVP rec. 13,00 €

O formigueiro

Petra Bartíková
Baía Edicións

PVP rec. 13,00 €

A meiga chuchona

Jacobo Paz Limia; Xosé Tomás (ilustracións)
Baía Edicións

PVP rec. 10,90 €

Océanos e mares

Nicola Davies
Baía Edicións

PVP rec. 9,60 €

O castiñeiro do Apalpador

Inacio/Nuria Díaz (ilustracións)
Baía Edicións

De como un carboeiro se virou meigo do Nadal

PVP rec. 9,45 €

Os castelos

Bénédicte Le Loarer
Baía Edicións

Un libro documental lúdico, claro e atractivo para os pequenos/as.

PVP rec. 9,95 €

Os Tres Mosqueteiros

Rivière, Bénédicte
Baía Edicións

Historia de traizóns, amizade, honor e deber ao Rei no s.XVII.

PVP rec. 15,00 €

Axenda escolar 2018-2019

Baía Edicións
Baía Edicións

Para levarmos ben organizadiño o novo curso...

PVP rec. 7,50 €

Marmeladas caseiras

Nuria Durán e Montserrat Roig
Baía Edicións

80 receitas de marmeladas que saen ben

PVP rec. 14,50 €

Cociña caseira galega

Nieves Feros
Baía Edicións

Un antídoto á cociña rápida, á globalización gastronómica.

PVP rec. 17,00 €