Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Editorial Toxosoutos
Difundir o artigo en Cabozo

Editorial Toxosoutos


  • Rúa Cruceiro do Rego, 2 - Obre . 15217 Noia
  • T.  981823855

Editorial Toxosoutos é unha editora galega nacida para encher un espazo no mundo do libro.

Os contidos que ofrecemos son variados e amplos. Pretenden dúas cousas: cubrir as necesidades de ocio dos nosos lectores con obras amenas e dispor de traballos moi profesionais que nos dotan dunha individualidade e especialización en resposta ás nosas liñas editoriais.

Se ben nun principio xorde coa intención de proxectar Noia e a súa riqueza artística e histórica, axiña nos absorbeu unha necesidade de compromiso co resto de Galiza. Desde os comezos entendemos que, como galegos, tiñamos que participar nesa loita pola defensa da lingua. A lingua é un dos principais, se non o máis importante, vehículo de expresión dunha cultura. Mais á parte da lingua tamén está o noso país, que deixa de ser símbolo para se converter nunha realidade do día a día. Un país que se ten que abrir, mostrarse ao mundo, procurar novas vías de comunicación e empregar as xa existentes, un pouco na idea de recoller a virtude unamuniana de, e sen ser presuntuosos, non galeguizar Europa, mais si dicirlles que tamén estamos nós.

Xa con certa bagaxe, podemos mirar atrás e lembrar aqueles que nos tempos dos soños foron colaborando de xeito desinteresado para dar realidade ao noso proxecto, infinidade de compañeiros que fixeron posible que, nesta altura, teñamos máis de 300 títulos de fondo editorial. Xente como o citado historiador M. Fabeiro Gómez, o poeta Antón Avilés de Taramancos, o profesor Xosé Agrelo, ou os non menos necesarios Paco Souto, Lois López Rico, Lola Pena e Santiago Casal, en labores de asesoramento ou xestión comercial. Desde eles ata os nosos lectores, que é o que máis nos importa, e sempre ao coidado da Cultura a Editorial Toxosoutos segue a traballar cada día para levar a cabo con éxito os seus obxectivo.



Produtos de Editorial Toxosoutos


Compañeira, non serva

Rosa Regueira Cereijo
Editorial Toxosoutos

PVP rec. 18,00 €