Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Fillos do Mar
Difundir o artigo en Cabozo

Fillos do Mar



Fillos do Mar nace en decembro de 2015 cunha misión clara, cambiar o panorama téxtil introducindo produtos nos que a protagonista é a cultura da nosa terra, Galicia, e engadir valor a cada unha de prendas a través de accións sociais que se levan a cabo coa marca.

A nosa visión, crear unha marca de calidade, que sexa accesible e que
ten como protagonista os monumentos que nos proporcionan os nosos mares,
a nosa montaña e o noso idioma. Comprometernos coa poboación difundindo nas nosas redes sociais temas de actualidade, axuda na busca de animais, difundindo acollidas, artigos sobre coidado do medio, e un longo etc.

Canto aos nosos valores, destacan a DIFUSIÓN do respecto, tratando
sempre de levalo á práctica, comezando por engadir pouco a pouco aos
nosos produtos liñas sen crueldade animal.

Da preocupación pola contorna que nos rodea, nace o seguinte valor, o
COMPROMISO, colaborando con asociacións como a dos afectados do Concello
das Neves nos incendios do pasado 15 de outubro de 2017 coa
realización dunha campaña en que todos os fondos recadados foron parar
ás súas mans. Outras accións que levamos a cabo foi incentivar e apoiar o deporte minoritario galego co patrocinio do Club Deportivo AMFIV;
así como lanzar unha colección cápsula con motivo do Día do Cancro de Mama, da cal os beneficios recadados foron destinados a ADICAM.

E por último, a PROXIMIDADE, estando disposición do cliente a través das
diferentes redes sociais así como na pestana de contacto da web,
todos os días do ano, resolvendo dúbidas e calquera problema que poida
xurdir de xeito case inmediato.

Os nosos clientes non só adquiren un produto de calidade co selo da nosa terra, se non tamén está a colaborar en que poidamos levar a cabo todas estas accións que fan que unha garantía de Fillos do Mar
teña un valor engadido.




Produtos de Fillos do Mar