Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Baía Edicións
Difundir o artigo en Cabozo

Baía Edicións


Baía Edicións
  • Polígono de Pocomaco, 2ª Avda., Parcela A2/52. 15190 A Coruña
  • T.  981 174 296
  • F.  981 915 698
  • Email
  • Web

Baía Edicións desenvolve 26 coleccións dirixidas ao público Infantil e Xuvenil, que se concretaron nos máis de 170 títulos do actual catálogo infantil da editorial, algúns deles merecedores de premios. Nos proxectos dirixidos ao público infantil, tenta sempre combinar o carácter didáctico das coleccións (Os dereitos do neno e da nena, Carteira de valores, Contos da igualdade, Queremos saber, A aventura de vivir, Primeiros coñecementos de ciencia) con outros con predominio lúdico-literario (Rodribico, Mar de letras, Xiz de cor, Grandes clásicos adaptados), Fabulando, todos eles cun importante contido visual.

No ano 2004 pon en marcha o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil, que pretende ser un novo foro para autores e autoras que, en galego, dirixen as súas obras de creación a este sector tan importante da nosa poboación e do que depende, en boa medida, a supervivencia e futuro do galego como idioma de uso oral e escrito.

Desde os inicios aposta pola divulgación do medio natural, pois entende que o seu coñecemento é unha forma de contribuír á súa conservación. Aposta que se concreta na colección Baía Verde, guías da natureza  galega ilustradas, alcanzando máis de 20 títulos,  merecedores de varios premios, entre eles o de Mellor proxecto editorial pola Federación de Librerías de Galicia en 2013. Nas nosas guías xúntanse rigor científico e valor divulgativo e sitúan a Baía Edicións e a literatura naturalista galega ao máis alto nivel e ao seu ilustrador, Calros Silvar, nos cinco mellores debuxantes naturalistas do mundo.


Promove unha colección de Gastronomía, iniciada coa obra de Nieves Feros Cociña caseira galega e que na actualidade conta con 9 títulos, algún deles  premiados pola prestixiosa asociación internacional Gourmand.

Continúa coa publicación de Libros de Texto para ensino secundario e promove a creación de libros educativos electrónicos e da Aula Virtual de Baía.

Inicia a internacionalización da empresa e promove a venda de dereitos a outras linguas, que se concretou na publicación por outras empresas de diversas obras en catalá, euskera, castelán, francés  e portugués.

Promove a creación do selo editorial Ártabro, para a publicación en castelán. Participa na creación da distribuidora Consorcio Editorial Galego, da que é accionista ao 50%, e que distribúe na actualidade o 80 % das empresas editoriais galegas.



Produtos de Baía Edicións


O mago de Oz

L. Frank Baum. Adaptación de Anouk Filippini
Baía Edicións

Dorothy e Totó son levados polos aires e aterran no país de Oz.

PVP rec. 15,00 €

O mundo máxico de Tolkien

Édouard Kloczko
Baía Edicións

Descubrirás un universo máxico e fabuloso,habitado por criaturas raras

PVP rec. 29,90 €

Colección Emocións

Mireia Canals
Baía Edicións

Os libros desta colección falan diso, dos sentimentos e as emocións..

PVP rec. 49,50 €

Miña querida Sherezade

Andrea Maceiras
Baía Edicións

Ser un libro é marabilloso. Agás cando chega a vellez.

PVP rec. 12,95 €

A burra Ramona

Paula Carballeira
Baía Edicións

A burra Ramona, un bo día, deixa de traballar e decide que quere voar.

PVP rec. 10,00 €

Sanatoria. Historia dos nenos raros

Francesc Grimalt
Baía Edicións

Este é un libro para nenos raros e sobre nenos raros.

PVP rec. 17,70 €

Cogomelos

Mariona Quadrada. Josep Borrel (fotografías)
Baía Edicións

Repertorio de 104 pratos elaborados con cogomelos de todo tipo.

PVP rec. 15,90 €

Compendio de Herbas Máxicas

Montse Rubio
Baía Edicións

Homenaxe a ese uso “máxico-espiritual” relegado ás meigas e aos meigos

PVP rec. 19,00 €

Cleopatra

Marie de Prémonville. Tradución: Ánxela Gracián
Baía Edicións

Cleopatra é unha das personaxes máis célebres da historia.

PVP rec. 13,50 €

Dinosauros

Roc Olivé
Baía Edicións

Móstranos a gran variedade de tamaños que adquiriron os dinosauros.

PVP rec. 15,50 €

Sementes de papel

Bea Gil e Silvia Gil (ilustracións)
Baía Edicións

Conta a relación entre dúas mozas e o bosque onde viven.

PVP rec. 12,50 €