Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Adegas Celme
Difundir o artigo en Cabozo

Adegas Celme


  • Rua Astariz, 22. 32430 Ourense
  • T.  +34 988 48 91 90
  • Email
  • Web

Celme é o reflexo dunha filosofía. Nos nosos viños tratamos de transmitir a esencia e a mellor parte do noso viñedo. Coidar das nosas viñas é o eixo principal do noso traballo, xa que entendemos que só partindo dunha excelente materia prima poden xurdir os mellores viños. Os nosos esforzos empezan no coidado da viña, pero esténdense a todo o proceso, coidando todos e cada un dos pequenos detalles dende o viñedo ata a embalaxe final.

O noso compromiso vai máis aló da calidade dos nosos viños; é un compromiso firme co noso entorno e co futuro da nosa terra, que mostramos a través de prácticas agrarias sostibles que minimizan o impacto ambiental e biolóxico. Unha das nosas primeiras decisións neste sentido foi a eliminación dos herbicidas no coidado da viña, substituíndoos por procesos mecánicos. Tamén trocamos os abonos químicos por abonos orgánicos e seguimos traballando en reducir o uso de produtos fitosanitarios. Todo este proceso é longo e laborioso pois necesitamos certo tempo mentres aprendemos a interpretar correctamente o noso viñedo e o ecosistema local.

Complementamos o traballo tradicional no viñedo coa innovación nas instalacións da adega. Utilizamos depósitos de pequena capacidade, de aceiro inoxidable, con control de temperatura automatizada, cinta de selección e unha distribución en planta que nos permite traballar por gravidade mantendo a uva en perfecto estado durante todo o proceso. Innovando nos medios conseguimos elaborar os viños de forma tradicional, coa máxima calidade e ó mesmo tempo cunha mínima intervención na adega.



Produtos de Adegas Celme