Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Rabia ao silencio
Difundir o artigo en Cabozo

Rabia ao silencio


Etiquetas
Autor
Ses
Empresa
Ano
2019
Referencia
rabiasilencio
Idade
De 11 a +18 anos
PVP rec.
15,00 €
Valoración
3 puntos

Ses proponnos un traballo acústico, máis íntimo e directo co que trae á Galiza do século XXI xoias musicais que no século pasado chegaron de alén mar (Cuba, Arxentina, Brasil…), mais tamén de diferentes puntos da península Ibérica, na voz de Carlos Puebla, Víctor Jara, Mercedes SoSa ou Zeca Afonso.

Cancións adaptadas á nosa lingua que foron, no seu momento, semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, cancións que exemplifican a pluma e a voz profundas, humanas e solidarias.

María Xosé Silvar “SES” – voz, guitarra e percusión
Sabela Galbán – voz, acordeón e flauta
Tito Calviño – guitarra

TEMAS
01 – O Grileiro
02 – Serei Curiosa
03 – Brazos para a Seitura
04 – Son Dun Pobo Sinxelo
05 – Son da Alfabetización
06 – Zamba dos Humildes
07 – Téñolle Rabia ao Silencio
08 – Enquanto Há Força
09 – Un de Abaixo
10 – Muller
11 – A Chamuscada
12 – Raro Froito



Onde conseguir esta proposta

Á venda en tendas de discos e nos concertos.