Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Dicionario da Comida Galega
Difundir o artigo en Cabozo

Dicionario da Comida Galega


Autor
Xavier Rodríguez Baixeras
Empresa
Ano
2019
Referencia
978-84-949007-0-9
ISBN
978-84-949007-0-9
Idade
De 15 a +18 anos
PVP rec.
49,90 €
Valoración
4 puntos

Do abadexo á zorza. Un magnífico traballo de documentación, catalogación e sistematización a cargo de Xavier Rodríguez Baixeras, un dos autores máis prestixiosos da literatura galega actual. Coeditamos este libro xunto ao selo Engaiolarte, especializado en libros para regalo e obras de referencia.

A comida é parte fundamental de calquera fultura. Define como vivimos e como entendemos o mundo.A gastronomía é piar do noso saber colectivo e grazas a este libro, por primeira vez na historia, podemos aprehendelo dunha maneira ordenada, erudita e brillante.Este dicionario enciclopédico é un percorrido apaixonante pola vida que se esconde detrás de cada alimento, de cada prato, de cada receita.

Xavier Rodríguez Baixeras explica o vínculo de cada alimento coa nosa cultura a través da pegada que foi deixando na historia e na literatura.Miles de voces, máis de cen referencias bibliográficas, ducias de receitas.

Un libro que ole e sabe. Un libro que abre a fiestra aos sentidos e nos permite coñecer mellor de que estamos mantidos.

600 páxinas; edición conxunta con Engaiolarte.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na tenda en liña da libraría da editorial.