Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Así é Pontevedra
Difundir o artigo en Cabozo

Así é Pontevedra


Etiquetas
Autor
Fermín Solís
Ano
2019
Referencia
978-8-947348-8-5
ISBN
978-8-947348-8-5
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
0 puntos

Unha homenaxe a un dos artistas predilectos da editorial, o checo Miroslav Sasek (Praga, 1916-Wettingen, 1980), e á súa serie de libros de viaxe Isto é... Para o que escollemos a un dos seus herdeiros, Fermín Solís (Madroñera, 1972) e xuntos puxemos en marcha a colección Asi é... cun volume adicado a Santiago de Compostela (Así é Santiago, El Patito Editorial, 2017).

Nesta ocasión, o noso debuxante viaxeiro achégase a Pontevedra para retratala coa inocencia do recén chegado: paseando polas rúas, visitando os museos, admirando os monumentos, probando unha tapa ou bebendo un viño como un visitante máis que vai descubrindo unha cidade descoñecida.

O resultado non é un libro erudito nin unha guía de viaxe, é un caderno onde se retrata a cidade con frescura e humor, atopando detalles inesperados, resaltando aquilo que lle chama atención, afondando nas cousas que lle parecen curiosas... Un libro que fará sorrir aos pontevedreses e que servirá para redescubrir unha cidade senlleira.

56 páxinas; cartoné.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na tenda en liña da editorial.