Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Dardos
Difundir o artigo en Cabozo

Dardos


Autor
Xoana
Empresa
Ano
2018
Referencia
dardos
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
12,00 €
Valoración
0 puntos

‘Dardos’ xurdiu como unha proposta que axude a proporcionarlle á nosa lingua uns aires renovados que demostren a súa capacidade de desenvolverse en calquera eido e de tratar todo tipo de temáticas. Son os prexuízos e a ignorancia os que limitan un idioma, e é ben sabido o sufrimento que estes lle causaron ó longo dos anos á cultura de Galicia; de aí o meu empeño en demostrar a súa valía a través deste disco.

Todas as cancións terman dunha mensaxe social e expresan queixas directas resumidas no título cunha soa palabra, a modo de dardos, pequenos mais precisos. Así pois, temas como “Mártires” evidencian os laios de todas as mulleres vítimas da violencia de xénero, unha das peores lacras da nosa sociedade. “Anceios” visibiliza a aqueles que marchan fóra da súa terra na busca doutra á que poder chamar fogar; homes e mulleres incomprendidos por un primeiro mundo que, como “Egoísmo” indica, está ‘engordado por complexos que ninguén deixa aflorar’. Porén, para compensar o antedito, tamén se tratan temas de carga positiva, relacionados coa amizade, co amor e coa importancia de deixar os problemas marchar e aprender a convivir cos nosos erros sen seguir culpándonos polos danos cometidos. Dentro desta temática hai varias cancións, como poden ser “Aliado” ou “Un salvavidas”.

Letras das cancións, aquí.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en tendas de discos ou concertos.
Páxina web da cantante: https://www.xoana.gal/