Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Compañeira, non serva
Difundir o artigo en Cabozo

Compañeira, non serva


Autor
Rosa Regueira Cereijo
Categoría/s:
Ano
2019
Referencia
978-84-948966-6-8
ISBN
978-84-948966-6-8
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
18,00 €
Valoración
0 puntos

Aquí, neste recanto da civilizada, culta e capitalista Europa Occidental, todas as mulleres que coñezo  sufriron ó longo da súa vida, en maior ou menor medida, algún tipo de ofensa, insulto, discriminación, opresión ou agresión ben na súa esfera persoal, laboral ou social só plo feito de seren mulleres.

E cada unha enfrontouno da maneira que puido: Unhas, como Dona Herminia, víronse na obriga de vivir en soidade para poder manter a dignidade; outras como Filomena, asumiron un "rol masculino" que tampouco resultou tan eficaz como ela pensaba; Amandina tivo que enfrontarse a unha sociedade fascista que lle negaba o dereito a estudar...

E Elvira padeceu o maltrato físico no seo dunha familia que o sistema patriarcal, apoiado pola igrexa católica, lle ofreceu como un ideal de vida no que ela acreditou firmemente; até que viu a morte de cara.Hai moitas maneiras de someter, oprimir, maltratar a unha muller e o fogar, por máis que sexa o propio, o que unha mesma criou, tamén pode ser un lugar opresivo, mesmo perigoso. Pero tamén hai maneiras de escapulir, de chegar a ser Compañeiras en pé de igualdade; non Servas sometidas e abusadas, unhas máis ortodoxas que outras.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na tenda en liña da editorial.