Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Fulgor
Difundir o artigo en Cabozo

Fulgor


Autor
Budiño
Empresa
Ano
2019
Referencia
fulgor
Idade
De 14 a +18 anos
PVP rec.
15,00 €
Valoración
0 puntos

Logo de 6 anos de silencio, Budiño publica este novo álbum con 10 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo. FULGOR vén armado de grandes letras: letras de poetas (Antía Otero). letras de songwriters (Xoel López e Vega). letras do propio Budiño que foi quen de as dotar de novo do seu universo.

Budiño soubo rodearse neste FULGOR de tres grandes guitarristas, caso do galego Antonio Casado, o son transfronteirizo de Jairo Zavala e o sotaque luso-africano de Luiz Caracol. E máis que salientable é a participación do Cuarteto Quiroga, recentes gañadores do Premio Nacional de Música e que enchen de maxia “Santiago” e “Bos Amores”.

Budiño agasállanos cun disco máis plural, máis sen xénero, máis de aquí e de alá, máis aberto e máis de todas, en resume, máis Budiño que nunca.

Títulos dos temas:

Fulgor
Poderosa
Frida
Pulso
Santiago
Boreal
San Xoan
Sós
Obertura
Bos Amores
Fulgor (castelán)
Santiago (castelán)




Onde conseguir esta proposta

Á venda en tendas de discos, en librarías con sección musical e nos concertos.
Tamén desde a páxina web do artista.